Saturday 27 de April de 2024

O novo plan de transporte metropolitano inclúe a proposta do Concello para a creación da liña Miño-Pontedeume


O goberno local presentou no verán de 2019 unha alegación solicitando a creación deste itinerario, que conectará por fin aos estudantes de Miño co instituto de referencia, o IES Breamo.

Finalmente, a proposta do Concello de Miño para a creación dunha liña de transporte público que conectase Miño e Pontedeume foi incluída pola Xunta de Galicia no seu plan de transporte metropolitano, que xa foi aprobado e está en funcionamento.
A creación deste itinerario responde as alegacións presentadas polo goberno local no verán do ano 2019, solicitando que se habilitase unha liña que conectase aos estudantes de Miño co instituto de referencia na zona, o IES de Breamo (Pontedeume).
O alcalde de Miño, Manuel Faraldo, congratulouse desta boa noticia e destacou que “esta é unha demanda histórica que por fin se fai realidade e que era moi necesaria xa que, ata ou de agora, vos rapaces non dispoñían de ningunha conexión non transporte público que lles permitise chegar a tempo as súas clases, ocasionando un grave perxuízo a familiares e alumnado”.